VII SEMINAR DAY | Evolución do poboamento das serras orientais de Galicia

19/02/2024

O CISPAC celebrou a VII Edición dos Seminar Day titulada "Evolución do poboamento das serras orientais de Galicia". Nesta ocasión, baixo un formato de workshop, investigadores e investigadoras de diferentes centros de investigación e universidades presentaron os seus traballos focalizados en fenómenos localizados nas serras orientais de Galicia en diferentes períodos.

Arturo de Lombera, investigador colaborador do CISPAC e coordinador deste Seminar Day, introduciu esta mesa de traballo conxunto coa sesión homónima "Evolución do poboamento das serras orientais de Galicia".

Podes ver o resto de videos deste seminario facendo clic aquí.