O turismo ten efectos determinantes no desenvolvemento e evolución da paisaxe. A definición de modelos planificados e de calidade que atendan ao seu desenvolvemento sostible comeza a ser unha prioridade para a súa supervivencia. A convivencia do turismo co local, entre veciños e visitantes, de forma responsable co medio.
Itinerarios culturais, actividade turística, efectos do turismo masivo e integración en comunidades locais son algúns dos puntos que atenderá o campo Paisaxes visitadas.