A relación da sociedade co territorio que ocupa e no que interactúa determina a paisaxe a través de procesos a moi longo prazo. Unha forma de buscar respostas nas mudanzas sociais atravesadas por múltiples dimensións á hora de analizar a realidade humana.
Os efectos demográficos, as desigualdades de xénero, a desagrarización ou os programas de renacemento rural son algunhas das cuestións que traballará o campo Paisaxes que teñen xente.