A paisaxe, ademais de ser un patrimonio en si mesmo, contén patrimonios que a identifican. Paisaxe é estética, é historia e é memoria ao actuar como un documento que a sociedade carga de significados. A comprensión e o coñecemento desta cadea de valor permite a valorización dos recursos paisaxísticos e patrimoniais.
A xeración dunha identidade, a convivencia entre usos patrimoniais, usos produtivos e o estudo de lóxicas de pensamento e de acción que crean paisaxes son algunhas das liñas que abordará o campo Paisaxes que teñen patrimonio.