Paisaxes que se gobernan | Comunidades, participación social e gobernanza

As ferramentas analíticas dispoñibles permiten extraer información do longo pasado da evolución do mundo rural até o presente. Dende a agroecoloxía e a historia pódese pensar un futuro que aproveite a ecoloxía dos saberes, e así analizar a configuración da paisaxe.

Innovación social, modelos de gobernanza e mecanismos de participación social son algunhas das miradas que atenderá o campo Paisaxes que se gobernan.