As paisaxes europeas son o resultado dunha construción antrópica cunha coevolución entre a natureza e as persoas. É necesario analizar o modelo político e económico dende unha ollada sustentable, asumindo a necesidade dun proceso de transición ecolóxica nun mundo que pretenda mirar cara o futuro.
Sistemas agroalimentarios, transición enerxética e impacto do cambio climático son algúns dos temas que abordará o campo Paisaxes que producen.