Omar Arellano-Aguilar: Contaminación en los ríos de México y sus impactos en la salud | SEMINARIO

15/01/2025

Rodolfo Omar Arellano-Aguilar, profesor da Escola Nacional de Ciencias da Terra da UNAM e membro do Sistema Nacional de Investigadores e Investigadoras (SNII), presentou a conferencia titulada "Interconexións socioambientais: a contaminación dos ríos en México e os seus impactos na saúde". Na súa intervención, abordou os efectos da contaminación fluvial en México e o seu impacto na saúde, destacando as conexións entre a degradación ambiental e as consecuencias sociais.

O 10 de xaneiro de 2025, o CISPAC organizou un seminario de investigación que contou coa participación de dous académicos invitados da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM): Rodolfo Omar Arellano-Aguilar e Guiomar Acevedo López.