III Día de Parolada do CISPAC

16 dec 2022

Baixo o título “Arquitecturas e conxuntos desaparecidos en Galicia (1936 – 2001). Metodoloxías para o estudo e valoración patrimonial”, os investigadores Jesús A. Sánchez García, Julio Vázquez Castro e Daniel L. Teijeiro Mosquera presentan algunhas das investigacións que se están a desenvolver no Grupo de Investigación en Historia da arte, da arquitectura e do urbanismo da USC.