Lourenzo Fernández Prieto (HISTAGRA-CISPAC), director científico do noso centro, presentou este simposio internacional "Innovación e cambio tecnolóxico na agricultura: unha perspectiva histórica para a transición ecolóxica".
Este evento reuniu especialistas para debater sobre novos enfoques na historia da innovación agraria e a súa relación coa agroecoloxía. O evento abordou a necesidade de superar o modelo de industrialización agrícola e buscar alternativas sostibles baseadas na resiliencia, no coñecemento tradicional e na colaboración entre ciencia e práctica produtiva.
Os relatorios analizaron a evolución das teorías da innovación tecnolóxica na agricultura, o impacto da Revolución Verde e os desafíos actuais da Política Agraria Común. Tamén se exploraron casos históricos de innovación agroecolóxica anteriores á industrialización e os movementos sociais que impulsaron modelos alternativos.
Podes ver o resto de videos deste evento na nosa canle de youtube ou clicando aquí.
Investigación
Transferencia