O 26 de novembro de 2024, o CISPAC organizou a conferencia "Metodi e pratiche per promuovere apprendimenti trasformativi nei contesti sociali e organizzativi: i progetti del gruppo di ricerca Lab-e.r.", impartida por Giovanna Del Gobbo, profesora de Pedagoxía Experimental na Universidade de Florencia e coordinadora científica do grupo de investigación Lab-e.r. (Laboratory of Educational Research for Social Innovation and Cooperation).
Durante a sesión, Del Gobbo presentou as actividades científicas do seu grupo, enfocadas en promover aprendizaxes transformativas en contextos sociais e organizativos. Abordáronse temas como o valor educativo do patrimonio natural e cultural, a gobernanza participativa para o desenvolvemento humano sostible e accións de educación de adultos en contextos non formais e informais, con especial atención ao envellecemento e á inmigración.
Investigación
Transferencia