O CISPAC acolle a Agrobiodiversity Summer School

13/09/2022

Con case 30 alumnos procedentes de España, Suíza, Alemaña, Francia, Eslovenia, Hungría, Austria, Portugal, Italia, Brasil e India; a nova edición desta Escola Internacional de Verán desenvólvese en Galicia do 31 de agosto ao 10 de setembro.

A Agrobiodiversity Summer School é unha colaboración entre o grupo de investigación ZHAW Geography of Food, o Swiss Research Institute of Organic Agriculture (FiBL), a Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, o CISPAC e institutos de investigación de Eslovenia e Hungría, nos que terá lugar o curso os próximos anos.

Esta actividade conta coa presenza dos profesores Lourenzo Fernández Prieto, Stefania Barca, Emilio Carral e David Soto Fernández (USC-CISPAC), Manuel González de Molina e Gloria Guzmán (Univ. Pablo de Olavide), Xavier Simón Fernández (UdV-CISPAC), Anna Geiser e Roman Grüter (ZHAW) e Bernardette Oehen, Mirjam Schleiffer e Moritz Egger (FIBL).

As actividades teóricas realizaranse na sede do CISPAC e na escola de Capacitación Agraria Pedro Murias de Ribadeo. As visitas a casos prácticos, sobre os que os alumnos terán que traballar, son a explotacións de Laíño (Dodro), Montes de Baroña (Porto do Son), Arquixal (Palas de Rei), El Cabillón ( Tapia de Casariego), As Fadegas (Ribadeo), Ostras del Eo (Castropol) e Fabas de Lourenzá (Lourenzá).

Máis información:

Facebook
Twitter