Ramón Fábregas Valcarce é catedrático de Prehistoria na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. É coordinador do grupo de investigación: Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico - Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN-AAT).
A súa investigación céntrase en torno á análise morfolóxica e funcional dos materias líticos prehistóricos de contextos funerarios e domésticos propios do noroeste ibérico na prehistoria recente; as orixes do asentamento no noroeste ibérico e a transición entre os derradeiros cazadores-recolectores e os primeiros grupos de agricultores; a análise da arte rupestre galega, os megalitos e a arte rupestre paleolítica do noroeste ibérico.
Na actualidade é investigador principal do proxecto “Dinámicas poblacionales y tecnológicas durante el Pleistoceno final-Holoceno de las Sierras Orientales del Noroeste ibérico” (PID2019-107480GB-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación con programa estatal “Generación de Conocimiento”.
Entre as súas numerosas publicacións cabe sinalar:
Investigación
Transferencia