David Peón Pose é Licenciado en Economía pola USC, Doutor en Economía e Empresa pola UDC, e Profesor Axudante Doutor no Departamento de Empresa da UDC.
A súa liña principal de investigación baséase na análise de información contable, centrada no estudo do acceso a financiamento e capacidades das PEME en zonas rurais. Unha segunda liña de investigación, en banca e behavioral finance, centrado na comprensión, dende unha perspectiva teórica e empírica, dos procesos de concentración no sector bancario e emerxencia das FinTech.
Conclúe recentemente a súa participación como investigador nun proxecto do Ministerio de Ciencia e Innovación, Riesgos climáticos, estabilidad financiera y decisiones de inversión en los mercados financieros, da convocatoria RETOS 2018. Participa actualmente no proxecto Money in transformation: actors, processes and social effects of financial innovation da convocatoria RETOS 2019. O proxecto integra 16 investigadores de disciplinas como socioloxía, análise económica, historia económica, e empresa, co obxectivo de contribuír a explicar como se están a transformar o diñeiro e os medios de pago, os actores implicados, e as consecuencias sociais en termos de inclusión financeira de familias e empresas.
O candidato participou en catro contratos de transferencia (artigo 83 da LOU) e dirixido un quinto contrato como investigador principal. En tres destes contratos, a contribución do candidato centrouse na análise económica-financeira a nivel estatística das empresas das industrias en estudo. Por último, foi membro do Comité Organizador e do Comité Científico do 35 Congreso Internacional Passive and Low Energy Architecture PLEA 2020, un dos eventos pioneiros e máis importantes do mundo sobre sostenibilidade en arquitectura e deseño urbano.
Entre as súas contribucións máis salientables inclúense:
Investigación
Transferencia