Daniel Lanero Táboas é profesor Titular no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do grupo de investigación: Historia Agraria e Política do Mundo Rural.
As súas liñas de investigación encádranse no campo da historia social e do mundo rural, a mobilización política e o conflito social na España rural no período franquista e de transición; analizando tamén o impacto das ditaduras fascistas europeas no político e no social, en perspectiva comparada. Os seus estudos máis recentes analizan a problemática das desigualdades no acceso á vivenda e as novas formas de configuración do estado de benestar, poñendo o foco en Galicia, España, Portugal e outros países do sur de Europa.
Nos últimos anos ten participado como investigador principal en proxectos como:
Políticas públicas de vivenda e actitudes sociais da poboación en España: Unha visión a longo prazo (1900 – 1990)”; “Movilización social y poder local: la España rural entre la continuidad y el cambio político (1968 - 1982)”; “Movilización política y conflictividad social en el mundo rural español durante el tardofranquismo y la transición a la democracia (1968 – 1982)” ou “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 – 1982)”.
Entre as súas publicacións máis destacadas inclúense:
Investigación
Transferencia