Carlos Benítez Trinidad

ORCID:0000-0002-4731-8599

Carlos Benítez Trinidad é investigador pos doutoral no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo o seu título de doutor polas universidades, Federal da Bahia (Brasil) e Pablo de Olavide (España). Colabora cos grupos de investigación de Historia agraria e política do mundo rural da USC (HISTAGRA), así como coas unidades de investigación Cerrado, ambiente e cultura, da Universidade Estadual de Goiás (Brasil) e Cultura, historia e pensamento ibéricos e ibero-americanos do Centro de Humanidades (CHAM) da Universidade Nova de Lisboa (Portugal).

As súas investigacións desenvólvense ao redor da historia contemporánea de Brasil e do proxecto e estratexias nacionais para a ocupación dos espazos en confrontación cos pobos indíxenas, poñendo o foco nos imaxinarios e nas mentalidades, tamén nas narrativas nacionais en contextos fortemente influenciados pola experiencia colonial (sexa como colonizadores ou como colonizados), así como nas consecuentes relacións inter-etnias, de dominación, no mundo atlántico do s. XX.

Actualmente participa como investigador principal no proxecto “Indixenismo desarrollista e mobilización indíxena no Brasil contemporáneo: imaxinarios sociais, conflitos medioambientais e loita política”, financiado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia. Tamén tomou parte como investigador noutros proxectos como “Deconstruindo o racismo contra os povos indígenas no Brasil” e “História da Ditadura”, financiados pola Coordenação de aperfeiçoamento de pessoal de nível superior (CAPES-MEC, Brasil); “Eo Alimenta”, financiado pola Fundación Carasso; ou no “Proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza”, financiado pola Fundación Ría.

Entre as súas aportacións bibliográficas máis destacadas inclúense:

  • Trinidad, C.B.; Gomes, P. C. 2022. A questão indígena durante a ditadura militar brasileira e a opinião pública estrangeira em perspectiva transnacional. Tempo e Argumento, 14, 35, p. E0106.
  • Bicalho, P.S. S.; Trinidad, C. B. (et al.). 2022. Desconstruindo o racismo contra os povos indígenas no Brasil. Editora CRV. ISBN 978-65-251-1737-9.
  • Trinidad, C. B. & Gomes, P. C. 2021. História em Quarentena: propostas para uma história pública em tempos de pandemia. Estudos Ibero-Americanos. 47, 2, pp. 1- 13. e-ISSN: 1980-864X.
  • Trinidad, C. B. 2021. ‘A patriótica e verdadeiramente humanitária proteção aos índios’. Memória e retrospectiva sobre o Serviço de Proteção ao Índio por um velho indigenista. Revista de História, 180, pp. 1-30. ISSN 23169141.
  • Trinidad, C. B. 2021. A conquista sem fim: Tradição militar e indigenismo no século XX brasileiro. Acervo, Revista do Arquivo Nacional, 34, 2, pp. 1-17. ISSN: 2237-8723.

PROXECTOS