Antía Pérez Caramés

ORCID:0000-0002-6295-0613

Antía Pérez Caramés é Profesora Contratada Doutora no Departamento e Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Tamén é investigadora do Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI) e do Centro de Estudios de Xénero e Feministas (CEXEF) da Universidade da Coruña, ademais de membro do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

As súas liñas de investigación encádranse no eido dos estudos de xénero e coidados, as migracións en España, o avellentamento demográfico e nas políticas de atención á dependencia.

Na actualidade toma parte como investigadora principal no proxecto “CRISMIG: Crisis, dinámicas migratorias y condiciones de vida de la población migrante en España. Análisis comparado de los efectos de la Gran Recesión y la Gran Pandemia” (PID2020-118716RB-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Convocatoria: Proxectos de I+D+I.

Tamén participa como investigadora no proxecto “FAMCABOGA: Familias caboverdianas en Galicia. Impacto para o desenvolvemento da transnacionalización dos coidados e das remesas” (PR-815-A-2021-10-00), financiado por la Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

Entre as súas publicación máis recentes destacan:

  • Pérez-Caramés, A. (2021) “Doing family: Nicaraguan transnational famliies’ narratives on motherhood” (en coautoría con R. DePalma e V. Verdía Varela). Global Networks, https://doi.org/10.1111/glob.12346;
  • Pérez-Caramés, A. (2021) “La diversificación de los patrones de movilidad en el cambio de ciclo migratorio: procesos emergentes en la nueva emigración desde España”. Revista Española de Sociología, 30(4);
  • Pérez-Caramés, A. (2021) Invasión migratoria y envejecimiento demográfico. Dos mitos contemporáneos (coeditado con I. Dubert). Madrid: Catarata; ou
  • Domínguez-Mujica, J.; López de Lera, D.; Ortega-Rivera, E. e Pérez-Caramés (2020). El sistema migratorio de Latinoamérica-España: ¿ha sido la crisis económica un paréntesis? Cuadernos Geográficos, 59(3): 37-57.

PROXECTOS