Ana Cabana Iglesia é profesora titular no departamento de Historia, na área de Historia contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do grupo de investigación en Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA).
As súas liñas de investigación xiran ao redor do estudo da sociedade rural no século XX, con especial referencia ás actitudes sociais, ao conflito socioambiental, á propiedade comunal e á historia de xénero.
Actualmente toma parte en varios proxectos coma o plan de Consolidación 2021 GRC GI-1657 – “Historia agraria e política do mundo rural. Séculos XIX e XX – HISTAGRA”; “Instituciones de acción colectiva, capital social y manejo de los recursos en persectiva histórica: Europa y América” (PID2019-109336GB-I00); 'Comunidad, conflicto y revuelta en la Galiza rural del siglo XX' (PID2020-117858RA-I00) ou “Accións multidisciplinares integradas arredor do rural”, financiado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Algunhas das súas publicacións salientables son:
Investigación
Transferencia