O CISPAC recibe á chef galega Lucía Freitas, xefa de cociña do restaurante A Tafona, galardoado cunha estrela Michelin 2018, ademais de 2 Soles na Guía Repsol. Durante a súa intervención, a chef presenta as principais liñas conceptuais que vertebran o seu traballo, o que ela mesma define como Vangarda Primaria, unha filosofía que tenta poñer en valor na alta cociña o potencial identitario da súa terra, poñendo a mirada no esencial e reivindicando o papel das verdadeiras protagonistas do ecosistema gastronómico galego (produtoras, vendedoras e cociñeiras).
Investigación
Transferencia