Ramón Blanco Chao

ORCID:0000-0002-5220-3956

Ramón Blanco Chao (ORCID: 0000-0002-5220-3956; WOS Researcher IDE: L-3017-2014) é Doutor en Xeografía, Profesor Titular do Dpto. de Xeografía, Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade investigadora céntrase de maneira específica en xeomorfoloxía litoral, especialmente en costas rochosas, praias de alta enerxía e cambios morfodinámicos no Pleistoceno final e Holoceno, así como en procesos de erosión e sedimentación recentes en sistemas praia-duna. As investigacións teñen contribuído á definición dun comportamento para-periglaciar nas costas do NO da Peninsula Ibérica, e lanzaron luz sobre o control das herdanzas morfodinámicas nos procesos actuais.

Publicou máis de 65 traballos, entre eles 12 artigos en revistas JCR, e 9 noutras revistas; 14 capítulos de libros, 3 deles en editoriais JCR. Presentou 35 comunicacións en Congresos nacionais e internacionais. Foi ademais editor de varios libros e de números especiais en revistas internacionais (Journal of Marine Science and Engineering, Remote Sensing).

Participou como investigador en 10 proxectos, sendo IP dun de carácter internacional “Cambio climático global e actividade antrópica en hábitats de especial interese para a biodiversidade: unha comparación interhemisférica entre Tierra de Fuego (Arxentina) e o NW da Península Ibérica”. Ministerio de Educación e Ciencia. GL2004-3380/BOS. (2004-2007) e nun de carácter nacional “Cambios xeomorfológicos, ambientais e ocupación humana no Holoceno medio e final na costa atlántica do NW da Península Ibérica”. Ministerio de Economía e Competitividade: CSO2014-55816-P. 2015 –2017.

Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense:

  • Blanco-Chao, R., Cajade-Pascual, D.; Costa-Casais, M. (2020). Rotation, sedimentary deficit and erosion of a trailing spit inside ria of Arousa (NW Spain). Science of The Total Environment. 749. Article num. 141480, DOI: 10.1016/j.scitotenv.2020.141480
  • Cajade-Pascual, D., Costa-Casais, M., Blanco-Chao, R. Taboada-Rodriguez, T. (2023) Sea-level change and human occupation over 6000 years on Areoso Island (Ría de Arousa, NW Iberian Peninsula). Environmenatl Earth Sciences: 82, 260 https://doi.org/10.1007/s12665-023-10955-7
  • Blanco-Chao, R. (2018) Beaches of Galicia. In Morales, J (Ed.) The Spanish Coastal Systems: Dynamic processes, sediments and management. Springer. Switzerland. Pp. 189-207. DOI 10.1007/978-3-319-93169-2 ISBN 9783319931692 (online) 9783319931685 (print)
  • Tallón-Armada R; Costa-Casais M; Blanco-Chao R; Taboada Rodríguez T; Martínez-Cortizas A. (2017) Paleoenvironmental reconstruction of an urban archaeological site: the Roman salt mines of Vigo, northwest Iberia. Geoarchaeology. 33:112–126. DOI:10.1002/gea.21648
  • Blanco-Chao, R.; Pérez-Alberti, A.; Trenhaile, A.S.; Costa-Casais, M.; Valcárcel-Díaz, M. (2007) Shore platform abrasion in a para-periglacial environment, Galicia, northwestern Spain. Geomorphology, 83:136–151
  • (2003) Evolution and inheritance of a rock coast: western Galicia, Northwestern Spain. Earth Surface Processes and Landforms, 28: 757-775
  • Blanco Chao, R.; Costa Casais, M.; Martínez Cortizas, A.; Pérez Alberti, A. ; Vázquez Paz, M. (2002) Holocene evolution in Galician coast (NW Spain): an example of paraglacial dynamics. Quaternary International. 93-94: 149-159

PROXECTOS

No data was found