Profesor axudante doutor de Prehistoria no departamento de Historia, Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Arqueoloxía Computacional, o eixo das súas investigacións céntrase na aplicación de estatística espacial e Sistemas de Información Xeográfica para estudar paisaxes monumentais pretéritas. Tamén ten realizado investigacións en modelado 3D e técnicas de imaxe dixital para documentar arte rupestre e inscricións romanas.
Investigador moi implicado cos marcos de ciencia aberta, os seus traballos utilizan software libre e código de programación para facilitar a transparencia científica.
Ten realizado estadías de investigación na Universidade de Leiden e na Universidade de Cambridge. Previo á súa posición de profesor axudante doutor foi investigador do programa Marie Sklodowska-Curie na University College London, Instituto de Arqueoloxía, institución na que liderou o proxecto Comparative Models of Megalithic Landscapes in Neolithic Atlantic Europe (MegaScapes)” (MSCA-IF-EF-ST 2019; https://www.megascapesproject.com/).
Na actualidade é o coordinador do Máster Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (USC, UdC, UVigo, Incipit-CSIC).
Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense:
- Carrero-Pazos, M. (2023) Arqueología computacional del territorio. Métodos y técnicas para estudiar decisiones humanas en paisajes pretéritos .
Oxford: Archaeopress.
ISBN: 9781803276328; DOI 10.32028/9781803276328
- Carrero-Pazos, M. (2023). Análisis de patrones espaciales de puntos para el estudio de tendencias locacionales en distribuciones de yacimientos arqueológicos. Vegueta. Anuario de la Facultad de Geografía e Historia 23(1): 97-114. https://doi.org/10.51349/veg.2023.1.04
- Carrero-Pazos, M., Döhl, R., van Rensburg, J. J., Medici, P., Vázquez-Martínez, A., (2022): Rock Art Research of the Digital Era. Case studies from the 20th International Rock Art Congress IFRAO 2018, Valcamonica (Italy). Oxford: BAR International Series. ISBN: 9781407360119
- Berganzo-Besga, I., Orengo, H., Lumbreras, F., Carrero-Pazos, M., Fonte, J., Vilas Estévez, V. (2021). Hybrid MSRM-Based Deep Learning and Multitemporal Sentinel 2-Based Machine Learning Algorithm Detects Near 10k Archaeological Tumuli in North-Western Iberia. Remote Sensing 13(20): 4181. https://doi.org/10.3390/rs13204181
- Carrero-Pazos, M., Bevan, A., Lake, M. (2019). The spatial structure of Galician megalithic landscapes (NW iberia): A case study from the Monte Penide region. Journal of Archaeological Science 108: 104968. https://doi.org/10.1016/j.jas.2019.05.004
- Carrero-Pazos, M. (2019). Density, Intensity and Clustering Patterns in the Spatial Distribution of Galician Megaliths (NW Iberian Peninsula). Archaeological and Anthropological Sciences 11(5): 2097-2108. https://doi.org/10.1007/s12520-018-0662-2
- Carrero-Pazos, M., Vilas-Estévez, B., Vázquez-Martínez, A. (2018). Digital imaging techniques for recording and analysing prehistoric rock art panels in Galicia (NW Iberia). Digital Applications in Archaeology and Cultural Heritage 8: 35-45. https://doi.org/10.1016/j.daach.2017.11.003