Juan F. Castro-Cal

ORCID:0000-0003-0002-905X

Juan F. Castro-Cal é Científico Titular na Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Actualmente é Director científico da Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital impulsada pola Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Conferencia de Rectores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e a tecnolóxica NTT DATA España.

As súas principais liñas de investigación inclúen o patrimonio dixital cultural, o emprendemento e a creación de compañías baseadas na tecnoloxía e o coñecemento a partires dos resultados de investigación.

Na actualidade o seu principal proxecto de investigación é “STELLAE 5.0: Patrimonio Cultural Dixital vinculado ó Camiño de Santiago” impulsado pola Conferencia de Rétores das Universidades de la Eurorrexión Suroeste (CRUSOE) en colaboración ca Consellería de Cultura, Educación, Universidades de Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia.

Anteriormente foi asesor científico do Consello Nacional de Ciencia y Tecnoloxía de México (CONACYT) no periodo 2018 – 2018, sendo tamén profesor visitante de varios dos Centros Públicos de Investigación adscritos a CONACYT, e da Secretaría de Educación Pública (Instituto Politécnico Nacional, CINVESTAV).

Así mesmo foi o impulsor e xestor da Unidade de Apoio á Creación de Empresas no CSIC dende a súa posta en marcha no ano 2006 e ate ó 2012 co financiamento, entre outros, da Xunta de Galicia asumindo responsabilidade directa en:

  1. Definición e deseño das accións específicas correspondentes ó fomento do emprendemento recollidas nos Plans de Actuación do CSIC 2006 – 2009 e 2010 – 2013.
  2. Impulso e fomento da transferencia de coñecemento ca dirección e execución de proxectos con financiación pública por importe agregado superior a 2,5M€.
  3. A xestión de máis de setenta y cinco proxectos de propostas emprendedoras enfocadas a mercado ca participación directa na estruturación e formalización de catorce Empresas de Base Tecnolóxica - Spin Off.
  4. A publicación no eido da transferencia de coñecemento de 8 libros e manuais; 3 artigos; e a realización de máis de 25 informes de valorización de propostas de creación de empresas a partires de resultados titularidade do CSIC.

Ate a súa incorporación ó CSIC no 2003 desenvolveu unha intensa actividade no sector privado como consultor senior no eido da xestión da innovación e prospectiva tecnolóxica en varias consultoras líderes a nivel internacional. Anteriormente foi investigador na área de física como Research Fellow no Trinity College (Irlanda), as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, a Universidade “Roma II” e na Axencia Nacional para a Nova Tecnoloxía, Enerxía e o Desenvolvemento Económico Sostible (ENEA) de Italia.

PROXECTOS

No data was found