José Antonio Aldrey Vázquez é Profesor Titular do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. A súa principal liña de traballo é a relacionada cos aspectos demográficos aplicados á ordenación e Xestión do territorio (inmigración, avellentamento, despoboación e repercusións territoriais deses fenómenos). Outras liñas de investigación relevantes na súa traxectoria académica son por un lado, a ordenación territorial para o desenvolvemento local (cooperación internacional); e, por outro, a elaboración de metodoloxías, e a súa aplicación en diversos municipios galegos, para a petición de Áreas de Rehabilitación Integral, liña enmarcable dentro do ámbito do urbanismo, demografía e Xeografía social. Finalmente, froito da colaboración con outras disciplinas de coñecemento, abriu recentemente unha nova liña de investigación en agroforestería, relacionada coa Xeografía rural.
Foi Director do Departamento de Xeografía da USC (2010-2014) e membro do seu Consello de Goberno (2011-2015). Dende 2017 é o Director do Grupo de Traballo de Xeografía para as PAU en Galicia (CIUG). E dende abril de 2024 membro da Comisión de Acreditación Institucional de Centros Universitarios e Certificación de Sistemas Internos de Garantía de Calidade dos centros universitarios da ANECA. Recibiu o premio Leonardo á docencia da USC en oito ocasións.
Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense:
- HISDAC-ES: Historical Settlement Data Compilation for Spain (1900–2020) (autoría compartida con: Johanes H. Uhl, Dominic Royé, Keith Burghardt, José Antonio Aldrey Vázquez, Manuel Borobio Sanchiz y Stefan Leyk). En, Earth System Science Data, 2023. ISSN: 1866-3516. https://doi.org/10.5194/essd-2023-53
- Policiy challenges for agroforestry implementation in Europe (autoría compartida con: María Rosa Mosquera-Losada, Mario Gabriel Santigago Santos, Berta Gonçalves, Nuria Ferreiro-Domínguez, Marina Castro, Antonio Rigueiro-Rodríguez, María Pilar González Hernández, Juan Luis Fernández Lorenzo, Rosa Romero-Franco, José Antonio Aldrey Vázquez, Cristina Cabaleiro Sobrino, Julián Jesús García Berrios y José Javier Santiago-Freijanes. En, Frontiers in Forest and Global Change, 6, Elsevier. 2023. ISSN: 2624-893X. https://doi.org/10.3389/ffgc.2023.1127601
- El declive de la población en Galicia. Un enfoque geográfico y socioeducativo. ¿hacia el vacío demográfico? (autoría compartida con: Xosé Constenla Vega). En, Brazilian Journal of Development, Curitiba, v.9, n.1, p. 1723-1745. 2023 ISSN: 2525-8761. https://doi.org/10.34117/bjdv9n1-119
- European agroforestry policy promotion in arable Mediterranean areas (autoría compartida con: María Rosa Mosquera-Losada, Francisco Javier Rodríguez-Rigueiro, José Javier Santiago-Freijanes, Antonio Rigueiro-Rodríguez, Pablo Silva Losada, Anastasia Pantera, Juan Luis Fernández Lorenzo, María Pilar González Hernández, Rosa Romero-Franco, José Antonio Aldrey Vázquez, Nuria Ferreiro-Domínguez. En, Land Use Policy, 120, Elsevier. 2022. ISSN: 0264-8377. https://doi.org/10.1016/j.landusepol.2022.106274
- Global and European policies to foster agricultural sustainability: agroforestry (autoría compartida con: Jose Javier Santiago-Freijanes; María Rosa Mosquera-Losada; Mercedes Rois; Nuria Ferreiro-Domínguez; Anastasia Pantera; Antonio Rigueiro-Rodríguez; JA Aldrey), En, Agroforestry Systems, 95. Springer. 2021. ISSN: 0167-4366 (Print); 1572-9680 (Online). pp.775-790. https://doi.org/10.1007/s10457-018-0215-9
- Causses du Quercy: construcción de una identidad ligada a la protección de la naturaleza (autoría compartida con Daniel del Río Franqueira). En, The overaching issues on the european area. From sustainable development to sustainability. Eds. Helena Pina, Felisbela Martins, Leandro Dias de Oliveira. Ed. Fac. Letras. Univ. Porto. Pp. 448-464. 2021. ISBN: 978‐989‐9082‐08‐3 (DOI:10.21747/978-989-9082-08-3/overa31). https://ler.letras.up.pt/uploads/ficheiros/19719.pdf
- Desarrolo legislativo y planificador en materia territorial y urbanística a nivel español (autoría compartida con Farinós Dasí, J., y García Jiménez, M. J.). En, Territorio y Estados. Elementos para una coordinación de las políticas de ordenación del territorio en el siglo XXI (o de cómo hacer del territorio cuestión política de estado). Coord.: Joaquín Farinós Dasí. Ed. Tirant lo Blanch. Valencia. 2018. Pp. 959-1059. ISBN: 9788416556854. 1260 pp.