Jaime Fagúndez Díaz

ORCID:0000-0001-6605-7278

Jaime Fagúndez é profesor Titular no departamento de Bioloxía da Universidade da Coruña. Dende o ano 2018 é coordinador na UDC do máster interuniversitario en biodiversidade terrestre.

As súas liñas de investigación tratan sobre diversidade, distribución e sistemática das plantas e comunidades vexetais, e a interacción do medio natural cos usos humanos. En concreto, desenvolve proxectos sobre control de especies exóticas invasoras, xestión e conservación de hábitats naturais, e análise do territorio incorporando os valores de biodiversidade e servizos ecosistémicos en ecosistemas como as queirogueiras húmidas, os bosques de ribera ou as comunidades herbáceas.

Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense:

  • Fagúndez, J., Díaz-Tapia, P. (2023). Comparative phylogeography of a restricted and a widespread heather: genetic evidence of multiple independent introductions of Erica mackayana into Ireland from northern Spain. Botanical Journal of the Linnean Society, 201(3), 329-340.
  • Fagúndez, J., Pontevedra-Pombal, X. (2022). Soil properties of North Iberian wet heathlands in relation to climate, management and plant community. Plant and Soil, 475(1), 565-580.
  • Fagúndez, J., Lagos, L., Cortés-Vázquez, J.A., Canastra, F. 2021. Os cabalos salvaxes de Galicia. Contexto socio-económico e beneficios ambientais. Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. 48 pp. http://hdl.handle.net/2183/29532
  • Fagúndez, J., Lema, M. (2019). A competition experiment of an invasive alien grass and two native species: are functionally similar species better competitors?. Biological Invasions, 21(12), 3619-3631.
  • Fernández de Castro, A. G., Navajas, A., Fagúndez, J. (2018). Changes in the potential distribution of invasive plant species in continental Spain in response to climate change. Plant Ecology Diversity, 11(3), 349-361.
  • Fagúndez, J. (2016). Grazing effects on plant diversity in the endemic Erica mackayana heathland community of north-west Spain. Plant Ecology Diversity, 9(2), 207-217.
  • Fagúndez, J., Izco, J. (2016). Diversity patterns of plant place names reveal connections with environmental and social factors. Applied Geography, 74, 23-29.

PROXECTOS

No data was found