Fernando Agrasar Quiroga

ORCID:0000-0001-5733-238X

Fernando Agrasar Quiroga é profesor titular no departamento de Proxectos arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. É coordinador do grupo de investigación GICAP, membro da comisión técnica de Docomomo Ibérico e académico correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes.

As súas investigacións céntranse no estudo da Arquitectura como feito artístico e na súa consideración como herdanza patrimonial, especialmente da arquitectura contemporánea e nas interaccións entre arquitectura e paisaxe. Estas investigacións coexisten coa súa actividade profesional como arquitecto, centrado na rehabilitación, no estudo e na intervención sobre o patrimonio arquitectónico.

Recentemente ten participado en proxectos como “Caracterización del Surrealismo Hispánico. Recuperación, digitalización y edición de las revistas Surrealistas de México, Perú y República Dominicana” (FFI2016-75110-P), financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade; ou “Proxecto de rehabilitación das cortes do Pazo de Lóngora como biblioteca do CEIDA”.

Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense:

  • Fernando Agrasar Quiroga. “El arte como estrategia”. Lógicas relacionales. Cultura, ciudad y política. pp. 63 - 73. Madrid: Abada Editores, 2017. ISBN 978-84-16160-82-2.
  • “Lo que va del siglo. La modernidad arquitectónica según Rodolfo Ucha Donate”. Los años CIAM en España: la otra modernidad, pp. 12 - 22. Madrid: AhAU, 2017. ISBN 978-84-697-6765-8.
  • ”Südbauhaus. Crónicas de vida y arte”. Otra Historia. Estudios sobre arquitectura y urbanismo en honor de Carlos Sambricio, pp. 16 - 27. Madrid: Lampreave, 2015. ISBN 978-84- 606-8772-6.
  • “El exilio interior”. Arquitectura española del exilio, pp. 323 - 340. Madrid: Lampreave, 2014. ISBN 978-84-617-0823-9.
  • “A arquitetura da Embaixada”. Rafael Leoz, arquiteto da Embaixada da Espanha en Brasilia. pp. 68 - 136. Brasilia: Briquet de Lemos, 2012. ISBN 978-85-85637-46-0.
  • “Arquitectura mágica”. El surrealismo y sus derivas. Visiones, declives y retornos, pp. 485 - 498. Madrid: Abada Editores, 2013. ISBN 978-84-15289-85-2.

PROXECTOS

No data was found