Burghard Baltrusch é presidente da I Cátedra Internacional José Saramago na Universidade de Vigo, onde ensina literaturas e culturas lusófonas e coordina BiFeGa – Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación.

As súas liñas de investigación inclúen os estudos culturais e literários galegos e lusófonos, a poesía contemporánea galega e lusófona e a teoría da tradución.

Actualmente é investigador principal do proxecto “Poesía actual y política II: conflicto social y dalogismos poéticos” (POEPOLIT II, PID2019-105709RB-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Entre outros libros, publicou ou (co-)editou Bewußtsein und Erzählungen der Moderne im Werk Fernando Pessoas (Peter Lang, 1997), Kritisches Lexikon der Romanischen Gegenwartsliteraturen (5 vols., G. Narr-Verlag, 1999), Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry (Peter Lang, 2012), Lupe Gómez: libre e estranxeira - Estudos e traducións (Frank & Timme, 2013), “O que transformou o mundo é a necessidade e não a utopia” - Estudos sobre utopia e ficção em José Saramago (Frank & Timme, 2014), Poesia e Política na Actualidade - Aproximações teóricas e práticas (Afrontamento, 2021).

PROJECTS