Xornada aberta de información e debate: Os retos actuais dos montes de veciños

30/11/2022

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, no que toman parte investigadores do CISPAC, organiza hoxe unha Xornada de aberta e participativa sobre os actuais desafíos que afrontan os montes veciñais.

As intervencións, a cargo de Xesús Balboa (Universidade de Santiago de Compostela), Xavier Simón (Universidade de Vigo – Secretario do CISPAC) e Rubén Leboreiro (EDAFOTEC), abordarán custións relativas ao marco xurídico aplicable á propiedade comunal, ao papel dos montes veciñais no actual contexto de transición ecolóxica e enerxética, con especial atención ao avance de fontes de enerxía renováble, como a eólica.

Os actos celebraranse dende as 19 h no Auditorio Municipal de Rianxo.

Full programme in the attached document

Facebook
Twitter