O venres 23 de setembro celébrase o I Seminar Day do curso 2022-2023 organizado polos/as investigadores/as do CISPAC. Levarase a cabo no seminario 103, nas nosas instalacións do Edificio Fontán (Cidade da Cultura).
O programa divídese en dúas quendas coa seguinte programación:
- 1ª ROLDA (09:30 – 11:00 h). Begoña Fernández Rodríguez e Juan Monterroso Montero: “A incómoda memoria do pasado: Paisaxes culturais, patrimonios e territorios”.
9:30 h Juan M. Monterroso Montero
“Documentar a memoria. O NO-DO como fonte para o estudio do patrimonio cultural. O caso dos embalses durante o franquismo.”
9:45 h Begoña Fernández Rodríguez
“Obras para un pasado incómodo. Infraestructuras, ideoloxía e novos patrimonios”
10:00 h Carla Fernández Martínez
“Paisaxes devastadas e cidades rotas. Unha aproximación á iconografía sísmica.”
10:15 h Rosario Antón Acha
“Estudio del conjunto etnológico de los Valles Pasiegos Burgaleses. Situación actual y necesidades patrimoniales”
- 2ª ROLDA (12:00 – 13:30 h). Stefania Barca: “Xénero e transición ecolóxica. Aportes desde a ecoloxía política feminista”
12:00 h Stefania Barca e Bibiana Martínez
“Economía, ecoloxía e feminismo: unha revisión de literatura”
12:15 h Aline Simões
“As pescadoras artesanais do Brasil no contexto da crise ecolóxica”
12:30 h Eleanora Gea Piccardi
“Saberes ancestrais para a transición socioecolóxica: a Jineoloji (ciencia das mulleres e da vida) entre Rojava e Europa”
Prégase confirmación de asistencia en: cispac.xestion@usc.es