II Día de Parolada do CISPAC

17 nov 2022

O xoves 17 de novembro de 2022 celebrouse no CISPAC o II Seminar Day/Día de Parolada, organizado polas/as investigadores/as do Centro. Nestas sesións, os investigadores e investigadoras do Centro dan a coñecer as súas investigacións en curso, facilitando o coñecemento mútuo do traballo desenvolvido, co obxectivo de favorecer a confluencia de ideas, o pensamento transversal e as potenciais interacción futuras.