O Laboratorio Ecosocial do Barbanza obtén a Axuda para o Fomento da Bioeconomía Forestal da Fundación Biodiversidad

Publicada a resolución definitiva da convocatoria de Bioeconomía Forestal da Fundación Biodiversidad, que seleccionou o proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza en réxime de concorrencia competitiva. Dos 144 proxectos presentados, 56 recibirán a subvención. O Laboratorio quedou de 16º na listaxe de admitidos, cun total de 75 puntos e garantindo a concesión de 1.899.863,38€. O […]

Seminar Day: Pensamento poscolonial e movementos sociais (19/02)

O pasado luns 19 de febreiro tivo lugar no CISPAC un novo encontro dos Seminar Day. Nesta ocasión, a actividade estivo centrada no pensamento poscolonial e nos movementos sociais. Contouse coa participación de Burghard Baltrusch (BiFeGa-UVigo), que abriu a sesión trala presentación de Laura Oso coa intervención “Pensamento decolonial e práctica artística e artivista na […]

Lucía Freitas, premio Sol Sostenible da Guía Repsol

Lucía Freitas, chef Estrella Michelin de A Tafona, logrou o recoñecemento Sol Sostenible que ofrece a Guía Repsol polo seu proxecto ‘Amas da Terra’. Este ten por obxectivo visibilizar a cadea de valor e reivindicar o papel das verdadeiras protagonistas do ecosistema gastronómico galego (produtoras, vendedoras e cociñeiras). A Guía Repsol incluíu a colaboración que […]

Seminar Day: Pensamento poscolonial e movementos sociais

O CISPAC organiza unha nova edición dos Seminar Day o vindeiro 19 de febreiro. Nesta ocasión, as temáticas do encontro xirarán en torno ao pensamento poscolonial e os movementos sociais. Contarase coa participación de Burghard Baltrusch (BiFeGa-UVigo), coa ponencia “Pensamento decolonial e práctica artística e artivista na actualidade”. Segue o investigador Carlos Benítez Trinidad (BRASILHIL-USAL), […]

Reunión do Consello Reitor do CISPAC (29/01)

O pasado 29 de xaneiro tivo lugar unha reunión do Consello Reitor do CISPAC, celebrada no Salón Reitoral do Pazo de San Xerome da Universidade de Santiago de Compostela e por vía telemática para os asistentes en remoto. Asistiron á mesma D. Antonio López Días, Reitor Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, que actúa […]

VII sesión: Ciclo teses en discusión (25/01)

O pasado xoves 25 de xaneiro celebrouse a VII sesión do Ciclo de teses en discusión no Lar do CISPAC. Na primeira intervención, Mar Pereira Gómez (ECOPAST-USC e CISPAC) presentou a súa investigación “Unha aproximación á tatuaxe, o seu significado social e simbólico nas sociedades da Idade do Ferro na estepa Euroasiática”. Comentou a abundancia […]

Conferencia de Tamara López Fernández (11/01)

O pasado 11 de xaneiro o Grupo de Investigación HISTAGRA celebrou un seminario no ciclo de conferencias no noso centro. A investigadora Tamara López Fernández presentou a disertación que levou por título “Transitar pola pobreza. A evolución da delincuencia contra a propiedade en Lugo no franquismo (1945-1966)”. Nesta tratou temas como as limitacións ao acceso […]

VII sesión: Ciclo teses en discusión

O vindeiro 25 de xaneiro celebrarase a VII edición do ciclo de teses en discusión do CISPAC. Nesta ocasión, a actividade contará coa participación de dous investigadores. Na primeira intervención, Mar Pereira Gómez (ECOPAST-USC e CISPAC) presentará o seu proxecto “Unha aproximación á tatuaxe, o seu significado social e simbólico nas sociedades da Idade do […]

Taller de Lectura: Raíces da crise planetaria

Os investigadores Stefania Barca (Beatriz Galindo-USC e CISPAC) e Marco Antonio Álvarez Sánchez (USC) organizan un obradoiro de lectura para o segundo cuatrimestre do curso académico 23/24. Nel abordarán obras clásicas que traten procesos históricos en forma de discusión de grupo, coa fin de afondar en debates da tradición eco-marxista, eco-feminista e eco-anarquista. A primeira sesión […]

Varios investigadores e investigadoras do CISPAC descobren paralelismos existentes en representacións entre Cova Eirós e o val do Côa

Tania Mosquera Castro, investigadora do CISPAC e no Grupo de Investigación GEPN-ATT da Universidade de Santiago de Compostela, vén de coordinar un estudo comparado das evidencias gráficas do val de Côa e a arte parietal de Cova Eirós na revista ‘Munibe Antropologia-Arkeologia’. Este artigo foi publicado en colaboración con Ramón Fábregas Valcarce (GEPN-AAT e CISPAC), […]

NOVA DATA: Seminario do Grupo HISTAGRA: Conferencia de Tamara López Fernández

O próximo xoves 11 de xaneiro o Grupo de Investigación HISTAGRA, en colaboración co CISPAC, organiza a conferencia da investigadora Tamara López Fernandez. A súa liña de investigación trata a delincuencia no primeiro franquismo, e nesta ocasión presentará a conferencia que leva por título: “Transitar pola pobreza. A evolución da delincuencia contra a propiedade en […]

Botánica en Compostela

O vindeiro 28 de decembro ás 17h no Lar do CISPAC celebrarase ‘Botánica en Compostela’. Este encontro científico busca intercambiar enfoques e perspectivas sobre a cultura botánica e a comprensión global da paisaxe. O obxectivo desta actividade é o intercambio de ideas, información e boas prácticas, así como a creación de redes de colaboración entre […]