Actividade

17/07/2026

A iniciativa, impulsada pola Fundación Juana de Vega xunto coa USC, a UDC e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, celebrará o 22 de xullo a súa xornada de lanzamento no Pazo de San Marcos.

Nova

16/07/2026

A iniciativa, impulsada por ESOMI-UDC, TRANSMENA-UAB e o CISPAC, traslada ao formato sonoro os debates da enciclopedia sobre as migracións, as novas mobilidades e o artivismo.

Nova

14/07/2026

Unha investigación liderada polo investigador do CISPAC Hugo Bal García revela que as serras orientais galegas mantiveron durante o Paleolítico un clima frío e chuvioso, cunha paisaxe de pradarías húmidas e áreas arboradas que puido funcionar como refuxio para neandertais e Homo sapiens.

Nova

13/07/2026

O investigador Edgard Camarós, da USC-CISPAC, iniciou unha nova liña de traballo na Universidade de Witwatersrand, en Johannesburgo, centrada no estudo paleopatolóxico de fósiles de homininos. A investigación busca comprender como a enfermidade, a saúde e os coidados influíron na evolución humana durante os últimos dous millóns de anos.

Nova

10/07/2026

A Facultade de Xeografía e Historia da USC acollerá os días 15 e 16 de outubro de 2026 este encontro dirixido especialmente ao alumnado de doutoramento. O prazo para enviar propostas permanecerá aberto ata o 30 de xullo.

Nova

08/07/2026

Entre o 13 e o 31 de xullo desenvolverase unha nova campaña de escavación no xacemento, situado entre Ponteareas e Salceda de Caselas, no marco do proxecto ConTroGAL, dirixido por Mario Pereiro Fernández, investigador de SÍNCRISIS-CISPAC.