Paisaxes visitadas

Modelos turísticos e Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é unha realidade cada vez máis complexa que segue vixente grazas á súa capacidade de adaptación aos tempos. Ao mesmo tempo, os diferentes actores (no sentido máis amplo do termo) actúan ao longo dela, entendendo as necesidades cambiantes. A dimensión que adquiriu esixe investigar estes cambios mediante enfoques e metodoloxías de investigación acompasadas co "tempo científico". Por estes motivos, o Camiño de Santiago foi obxecto de investigación dende o punto de vista da economía ou a historia, da xeografía turística e da xeografía urbana e, máis recentemente, da xeografía cultural, concretamente da xeografía de espazos sagrados e peregrinacións; ou das xeohumanidades. En realidade, estas últimas comparten escenario, pois ambas aproveitan a hibridación da xeografía cultural, levando a novas reflexión epistemolóxicas e ao estudo dos novos discursos xeográficos vencellados ao espazo do Camiño.

  • Itinerarios culturais
  • Efectos do turismo masivo
  • Actividade turística na lóxica bioeconómica
  • Desenvolvemento turístico en contextos de crise
  • Camiño de Santiago
  • Turismo e territorio
  • Sustentabilidade turística