Paisaxes que teñen xente

Sociedade, demografía e territorio

Se a paisaxe é territorio definido pola poboación a través de procesos a moi longo prazo, é fundamental a indagación sobre as mudanzas poboacionais ao redor do territorio, os procesos demográficos e os seu efectos, entre eles a perda poboacional que supón unha mingua de actividade produtiva (alimentos, manexo da biomasa, etc.) e de masa social crítica que dea respostas aos procesos extractivistas. O proceso de desagrarización cuestiona quen asume o liderado comunitario ante as presións do uso da terra ou do desposuimento. Os programas de “renacemento rural” son a referencia.

  • Despoboamento e o avellentamento
  • Movementos poboacionais
  • Desigualdades sociais
  • Sociedade e estrutura do hábitat
  • Relación bidireccional demográfica e paisaxe
  • Despoboamento
  • Xénero