Paisaxes que se gobernan

Comunidades, participación social e gobernanza

As comunidades dispoñen de ferramentas propias e endóxenas para o manexo do territorio que podes servir para favorecer unha transición ambiental na lóxica da bioeconomía; cómpre facilitar eses procesos, acompañalos e amplificalos dende a investigación. Coñécese ben e pódese explicar como se xestionaba ou se xestiona o territorio nunha lóxica sostible; as ferramentas analíticas dispoñibles permiten extraer información do longo pasado da evolución do mundo rural ata o presente (coñecemento da xestión da terra, formas locais de organización de cultivos, de produción de alimentos cara e para o mercado, de manexo do gando, da fertilización) para pensar dende a agroecoloxía e a historia un futuro sostible que aproveite a ecoloxía dos saberes necesarios para facelo.

  • Participación social na gobernanza da paisaxe
  • Vellos e novos comúns
  • Gobernanza desde a perspectiva de xénero
  • Innovación social e emerxencia climática
  • Paisaxe como común
  • Participación
  • Coprodución de saberes
  • Paisaxe urbana