Paisaxes que producen

Mundo rural, alimentación e transición verde​

As paisaxes en Europa son o resultado dunha construción antrópica cunha coevolución entre a natureza e as persoas. No ámbito europeo pénsanse e deséñanse políticas correctoras e incentivos económicos que minimicen o impacto dos diversos axentes que actúan sobre as paisaxes, sometidas a procesos que acrecentan a súa fraxilidade e vulnerabilidade. O obxectivo inspirador será potenciar ou favorecer un modelo económico, baseado nunha xestión sustentable e respectuosa dos recursos, que ao mesmo tempo responda ás necesidades da poboación e respecte os elementos naturais das paisaxes. Para este obxectivo, faise imprescindible valorar as actividades económicas enmarcadas nunha lóxica sustentable e atender á análise do metabolismo social, asumindo o proceso de transición ecolóxica no que o mundo está a se mergullar.

  • Sistemas agroalimentarios e o seu impacto no territorio
  • Combate do despoboamento nunha lóxica de sustentabilidade
  • Resiliencia dos sectores produtivos
  • Impacto do cambio climático no territorio
  • Transición verde (enerxética e ambiental)
  • Produción e sustentabilidade
  • Agroecoloxía e Historia