Paisaxes con patrimonio

Patrimonio, identidade e cultura

O estudo do patrimonio baséase na interdisciplinariedade. O patrimonio e a paisaxe carecen de "propietarios" académicos. Variadas disciplinas poden ser útiles para o seu coñecemento. O problema epistémico do estudo do patrimonio e da paisaxe consiste en definir axendas e problemas que requiren respostas derivadas da converxencia de diferentes disciplinas. Os resultados son traballos académicos e coñecementos útiles para definir accións dirixidas á identificación, conservación ou restauración de edificios, bens ou paisaxes máis ou menos antropizados. Así mesmo, estes traballos reforzan as identidades e transfiren coñecemento á sociedade.

  • Patrimonio e sociedade
  • Pratimonio e economía
  • Patrimonio experimental
  • Teoría crítica da paisaxe
  • Cadea de valor do patrimonio
  • Paisaxe como memoria
  • Territorio e percepción