Órganos executivos

Ademais dos tres académicos que compoñen a dirección científica do CISPAC: o director científico, a directora adxunta científica e o director adxunto (confuncións incluidas de secretario); o Comité científico é o órgano executivo colexiado que ten por misión orientar as liñas mestras de desenvolvemento do plan científico do CISPAC.

A dirección  científica do CISPAC está representada por un PDI pertencente á universidade da Coruña, de Santiago de Compostela ou de Vigo, con vinculación permanente, que pode manter as súas funcións por un período de seis anos improrrogables. Entre as súas encomendas, destácase a representación institucional e externa do CISPAC e o impulso da actividade científica e de transferencia.

A dirección científica executiva está representada por un membro investigador do centro, elixido entre todo o seu persoal vinculado, que asume, por delegación da dirección científica do centro, a presidencia de órganos consultivos e a execución coordinada dos seus acordos, entre outras funcións de cooperación, asistencia e acompañamento directivo.

A dirección adxunta de transferencia ten como principal función a de coordinar a estratexia de transferencia e valorización de coñecemento do centro e a xestión da carteira de servizos. Así mesmo, asume as funcións de secretaría xeral, dando fe pública dos actos acordados polos órganos executivos e custodiando o arquivo e a documentación legal.

O Comité científico é o órgano de representación que expresa a vontade da comunidade investigadora do CISPAC, estando participado pola dirección científica do centro, por dous membros investigadores vinculados con carácter permanente de cada un dos grandes campos definidos na axenda e por un membro investigador do CISPAC con vinculación non permanente. É elixido entre o seu persoal vinculado por sufraxio directo.

Na actualidade o Comité Científico está formado por:

·    José Carlos Sánchez Pardo Profesor Titular de Arqueoloxía na USC

·    Aurora Grandal d’Anglade Profesora Titular de Paleontoloxía na UDC

·    Isidro Dubert García Catedrático de Historia Moderna na USC

·    Raquel Martínez Buján Profesora Titular de Socioloxía na UDC

·     Stefania Barca Investigadora Distinguida “Beatriz Galindo” sénior do departamento de Historia da USC

·     David Peón Pose Profesor Axudante Doutor de Economía financieira e contabilidade na UDC

·     Antón Losada Trabada Profesor Titular de Ciencia Política e da Administración na USC

·     Elvira Santiago Gómez Profesora Axudante Doutora de Socioloxía en la UDC

·    José Antonio Fraiz Brea Catedrático de Comercialización e Investigación de mercados en la UVigo

·     Trinidad Domínguez Vila Profesora Titular de Organización de Empresas na UVigo

·     Mónica Ferrín Pereira Investigadora Ramón y Cajal de Socioloxía na UDC