Órganos consultivos

Estes órganos externos funcionan como asesores da dirección científica do CISPAC para a avaliación e para estimular a mellora continua do centro. Entre as súas funcións destácanse a valoración e emisión de informes preceptivos relacionados coa produtividade de I+D do centro, cada catro anos, a avaliación inicial e periódica dos investigadores e investigadoras vinculadas, ademais da revisión do modelo de excelencia investigadora do CISPAC para garantir o seu posicionamento internacional e a súa sustentabilidade futura.

O Consello Asesor Científico Externo (SAB) é un órgano consultivo composto por un máximo de sete investigadores e investigadoras con perfís de referencia científica en ciencias humanas e sociais e nos campos da axenda científica que ademais son expertos internacionais xestión operativa, dirección e avaliación de entidades de investigación.

Membros do SAB:

  • Agustín Azkárate Garai-Olaun. Catedrático de Arqueoloxía da Universidade do País Vasco. 
  • Primitiva Bueno Ramírez. Catedrática de Prehistoria da Universidade de Alcalá de Henares.
  • Manuel González de Molina Navarro. Catedrático de Historia Contemporánea na Universidade Pablo de Olavide, Sevilla. 
  • Rafael Mata Olmo. Catedrático de Análise Rexional no Dpto. de Xeografía da Universidade Autónoma de Madrid.
  • Dolores Puga González. Científica Titular do CSIC no Instituto de Economía, Xeografía e Demografía (Dpto. de Poboación).
  • Nancy L. Peluso. Profesora Distinguida Henry J. Vaux de Política Forestal na Universidade de California, Berkeley. 
  • Enric Tello Aragay. Catedrático do Historia Económica da Universidade de Barcelona.


O Consello de Transferencia é un órgano asesor externo, integrado por representantes de institucións públicas e privadas, organismos e fundacións da contorna socioeconómica e cuxos ámbitos de actuación coinciden cos da axenda científica do CISPAC. Entre as súas funcións destácase a procura da rendibilidade social das actividades que se desenvolven no seo do CISPAC para acadar un retorno produtivo no territorio orientado a sociedade civil e favorecer e impulsar con xeito accións de transferencia, e promover a suficiencia económica do centro.