Estrutura e organización

O goberno do CISPAC, concibido e deseñado na homologación aos estándares académicos internacionais, guíase polos principios de bo goberno, a coxestión e a rendición de contas públicas, tanto no relacionado coas súas actividades institucionais, como no plano interno en relación cos seus membros, consonte aos códigos que debe respectar calquera Administración académica ou de investigación suxeita a Dereito público.

A gobernanza do CISPAC aséntase nuns principios básicos que inspiran as súas actividades, atribucións e producións:

  • Manter unha liberdade académica e investigadora plena, tanto na investigación básica como aplicada, coherente e responsable no marco da Axenda Científica do centro e realizada consonte aos principios éticos e deontolóxicos esixibles.
  • Preservar a autonomía do Centro, xunto co compromiso de transparencia e de rendición de contas públicas, tanto do punto de vista económico como en todo o relativo ao impacto social das actividades que se promoven.
  • Fomentar á misión académica de excelencia na investigación, na formación e na transferencia de coñecementos á contorna produtiva e ao territorio.
  • Garantir unha rigorosa selección do persoal investigador vinculado, en función dos seus méritos, promovendo unha avaliación continua garantida por medio de sistemas obxectivos e órganos consultivos externos.
  • Promover unha participación significativa e obxectiva dos seus membros, así como dos seus asesores externos, respectando os principios de gobernanza aberta.
  • Asumir os principios de sustentabilidade na súas actuacións.

Órganos de goberno

Órganos de goberno

Órganos executivos

Órganos executivos

Órganos consultivos

Órganos consultivos