O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) é un centro interuniversitario de investigación de nova xeración, integrado no Sistema Universitario de Galicia.

Modelos turísticos e Camiño de Santiago​

Patrimonio, identidade e cultura

Comunidades, participación social e gobernanza

Mundo rural, alimentación e transición verde

Sociedade, demografía e territorio

Actualidade

20/03/2024

O pasado 20 de marzo foi presentada a exposición 'As mulleres e o mar. O traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia. Séculos XIX e XX' no Claustro Alto do Colexio de Fonseca. Esta exposición está comisariada por Luisa Muñoz Abeledo, investigadora do CISPAC e directora da Cátedra Juana de Vega.

A mostra estará dispoñible no Pazo de Fonseca ata o 9 de abril, cun horario de visita libre e de balde comprendido entre as 11 e as 14h, e entre as 17 e as 20.30h.

20/03/2024

Onte celebrouse a VIII Sesión do ciclo de teses en discusión do CISPAC. Nesta ocasión interviron David Fontán Bestilleiro, investigador do grupo HISTAGRA; e Tania Mosquera Castro, do grupo GEPN-ATT, ambos da Universidade de Santiago de Compostela.

Na primeira quenda, David presentou o proxecto “Traballando a natureza. Sustentabilidade histórica e memoria biocultural dos agroecosistemas da Galicia Atlántica (s. XVIII – XXI)”. Elaborou unha análise histórica dos espazos comúns da agricultura atlántica galega en termos de sustentabilidade ambiental, económica e social.

A segunda parte foi a cargo de Tania, que expuxo a investigación “A arte das sociedades cazadoras-recolectoras no cuadrante NW da Península Ibérica”. Nela comentou os achádegos artísticos en Cova Eirós. Esta investigación cuestiona e actualiza teses historiográficas que non contemplaban que puidese existir arte en certos momentos do Paleolítico no noroeste peninsular.

18/03/2024

O vindeiro 4 de abril a investigadora Astrid Artner-Nehls impartirá o seminario titulado "Representations of livestock slurry in German newspapers 1971–2020:a text mining approach". O seu foco de investigación céntrase no análise do desenvolvemento participativo de principios de agricultura e silvicultura sostibles; desenvolvemento de escenarios para paisaxes culturais; análise de preferencias, conflitos e aceptación do deseño da paisaxe e actores políticos, discursos e aceptación das innovacións agrícolas.

Dirección

Onde estamos

A sede do CISPAC localízase no edificio Fontán, que constitúe o derradeiro módulo na configuración do proxecto Cidade da Cultura de Galicia, inaugurado en outubro de 2021 e que acolle outras institucións, como son o Consorcio Interuniversitario de Galicia, ou a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario.

Cun espazo útil de 2.559 m2 e albergando ata  73 académicos universitarios, o CISPAC contribúe á consolildación do macrocomplexo cultural que xera a Cidade da Cultura, e que representa, no seu conxunto, un retorno de 24 millóns de euros anuais en actividades culturais e intensivas en coñecemento, incluíndo tamén o emprendemento social.

Un proxecto de

Universidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia